Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ares tira de carraxe en Zarautz e ponse a cinco puntos da permanencia

Ares tira de carraxe en Zarautz e ponse a cinco puntos da permanencia

A embarcación galega exprime as opcións na primeira xornada en Zarautz 

Este domingo poderemos ver a segunda xornada na G2 e en AGalega.gal 

G24.gal 22/08/2026 20:32 Última actualización 22/08/2026 20:47

Na Liga ACT de traiñeiras, esta tarde asistimos á primeira xornada da Bandeira de Zarautz, con Ares e Chapela loitando por evitar o descenso.

Ares gañou a primeira quenda e acabou no noveno posto. Ocupa posto de playoff e está a só cinco puntos de manter a categoría con tres xornadas por disputar. Pola súa parte, Chapela quedou de terceira nesa mesma quenda e mantense na praza de descenso.

Este domingo as nosas embarcacións terán outra oportunidade para escalar postos na clasificación xeral. A resolución da prestixiosa Bandeira de Zarautz poderemos seguila a partires das 11.20 hs da mañá na nosa segunda canle e en AGalega.gal

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade