Cargando resultados...
Tirán e Cabo de Cruz gañan a Liga Galega de Triñeiras
Na Liga masculina, Cabo de Cruz e Tirán loitarán polo ascenso á Liga ACT
G24.gal
16/08/2026 16:10
Última actualización 16/08/2026 16:16
A liga galega de traiñeiras pechouse este domingo en Boiro. Na categoría feminina, Tirán gañou a primeira regata da temporada e para ela é o subcampionato da liga.
Cunha apertada chegada remataron coa condición de invictas de Perillo, que xa tiñan o título asegurado.
Na liga masculina, vitoria de Cabo de Cruz, a décima consecutiva, campións de liga. Competirán en setembro no play off de ascenso á ACT xunto a Tirán que hoxe foi segunda e logrou tamén o segundo posto na clasificación xeral da liga ó quedar por diante de Meira.