Publicador de contidos

Publicador de contidos

Orio volve triunfar en Bueu e consolida o liderado da ACT

Orio volve triunfar en Bueu e consolida o liderado da ACT

Terceira bandeira consecutiva, segunda en Galicia despois de gañar onte en Chapela

Ares foi 9ª, xusto por diante de Chapela, e recórtalle un punto

G24.gal 19/07/2026 13:52

A Liga ACT rematou o seu paso por Galicia confirmando as previsións deste inicio de temporada. Por unha banda, Orio volve ser esa traiñeira dominadora, alzándose en Bueu coa súa terceira bandeira consecutiva, que lle permite dominar a Liga con dez puntos de marxe sobre Urdaibai, que foi quen de sorprender dúas veces á campioa no inicio da Liga.

Por outra banda, confirmouse que Ares e Chapela terán que seguir loitando, pero que poden presentar batalla. Na Bandeira de Bueu remataron na 9ª e 10ª praza, deixando ao seu ronsel a San Juan e Santurzi. Seguen pechando a clasificación xeral, agora cos redondeláns tres puntos por diante dos aresáns. Santurzi, que marca a salvación, está cinco puntos por diante de Chapela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade