Antiviolencia declara de alto risco o Celta-Rácing e o Deportivo-Betis
A decisión obriga a adoptar medidas de adicionais como a prohibición da venda de entradas presenciais o día do encontro, a delimitación dun espazo seguro para a afección visitante e o control reforzado dos accesos ao estadio
A Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e a Intolerancia no Deporte declarou este xoves partidos de alto risco o Celta-Rácing de Santander e o Deportivo-Betis, correspondentes á sétima xornada de LaLiga EA Sports que se disputará esta fin de semana. O Ministerio do Interior informou nun comunicado da decisión de Antiviolencia sobre a consideración de alto risco de ambos os encontros.
O Celta-Rácing xogarase este sábado (18:30 horas) en Balaídos, mentres que o Deportivo-Betis está programado en Riazor ao día seguinte (18:30).
Alén de reforzarse o dispositivo policial, a declaración de alto risco implica que os clubs teñen que adoptar medidas de adicionais como a prohibición da venda de entradas presenciais o día do encontro, a delimitación dun espazo seguro para a afección visitante e o control reforzado dos accesos ao estadio, lembra Interior