Antonio Hidalgo: "A expulsión de Angeliño condiciona todo"
O adestrador do Deportivo quere centrarse en “recuperar” porque a fin de semana teñen outro partido “moi esixente” ante o Betis
Antonio Hidalgo, adestrador do Deportivo, destacou o “gran traballo” que realizaron os seus xogadores para chegar “con vida” aos últimos minutos a pesar de xogar a última media hora do partido contra o Sevilla cun futbolista menos pola expulsión do lateral Angeliño.
“Hai dúas partes para poder explicar o resultado. Unha primeira parte moi igualada, na que non pasaron excesivamente cousas, aínda que é certo que nós non estabamos cómodos. Na segunda parte saímos mellor, encerramos ao Sevilla no seu campo, e a través dunha transición chéganos o seu gol. A expulsión condiciona todo porque ata ese momento había bastante igualdade”, afirmou en conferencia de prensa.
Hidalgo considerou xusta a expulsión de Ángeliño, que debutou como titular co Deportivo:
“Non falei con Ángel, entendo que intentaba disputar o balón e o pé foille ao xogador do Sevilla. Non hai moito que falar desa vermella”.
Finalmente, o preparador do Dépor pediu pasar páxina ao primeiro tropezo ligueiro e centrarse en “recuperar” porque a fin de semana teñen outro partido “moi esixente” ante o Betis.