Publicador de contidos

Publicador de contidos

Orio faise coa Bandeira de Chapela e as traiñeiras galegas sofren

Orio faise coa Bandeira de Chapela e as traiñeiras galegas sofren

Chapela e Ares remataron nas últimas posicións

Santurzi meteulle dúas e tres posicións respectivamente, complicándolles a permanencia 

G24.gal 18/07/2026 19:25 Última actualización 18/07/2026 20:35

Vitoria de Orio na rolda en Chapela da Liga ACT. O conxunto vasco consegue un novo triunfo que o coloca aínda máis líder na clasificación xeral. O seu seguidor, Urdaibai, non puido acadar máis que un carto posto. A sorpresa deuna Hondarribia, que participando na segunda tanda conseguiu acadar o terceiro posto da proba.

En canto aos equipos galegos, Ares e Chapela tiveron unha xornada moi dura. Os anfitrións da rolda quedaron na penúltima posición e os de Ares na última. Ademais, o equipo que marca a salvación directa, o Santurzi, conseguiu a oitava posición, sacándolle 3 e 4 puntos a Chapela e Ares.

Mañá a partir das 12:21 dispútarase a Bandeira de Bueu. Poderase seguir a través da G2 e de AGalega.gal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade