O Celta ultima a fichaxe de Couhaib Driouech
Vén do PSV holandés e ten 24 anos
Xoga de extremo esquerdo
O traspaso rondaría os oito millóns de euros
O Celta e o PSV veñen de alcanzar un principio de acordo para o traspaso de Couhaib Driouech, extremo esquedo de 24 anos. Segundo reportan os medios dos Países Baixos, a cuantía da operación estaría preto dos oito millóns de euros.
A negociación arestora está aberta entre o clube de Balaídos e o xogador.
Hai uns días falouse tamén da marcha de Driouech ao Glasgow Rangers escocés, mesmo había xa un acordo entre os clubes e dos Rangers co xogador, pero a operación desfíxose segundo os escoceses porque o xogador "non estaría dispoñible de inmediato". E deixaron caer que padecía unha lesión. Esta semana Driouech adestrouse con normalidade co grupo.