Publicador de contidos

Publicador de contidos

Hidalgo cualifica de "tristeza" a situación coa afección

Hidalgo cualifica de "tristeza" a situación coa afección

O técnico indicou que o camiño pasa por recuperar a "unión"

Hidalgo asegurou que o club estaba traballando para resolvelo

O adestrador tamén indicou que Yeremay está listo para xogar en Málaga

G24.gal 23/08/2026 11:13 Última actualización 23/08/2026 11:36

O adestrador do Deportivo compareceu ante os medios, en Abegondo, na conferencia de prensa previa ao partido fronte ao Málaga e referiuse á situación que se está a vivir coa afección. Antonio Hidalgo amosou a súa preocupación e asegurou que lle producía unha "sensación de tristura". O técnico lembrou que hai pouco estaban celebrando todos xuntos cousas incribles e que o apoio da bancada, esa unión, foi e vai é fundamental para o Deportivo. Hidalgo engadiu que sabía que o club estaba traballando para tratar de solucionalo e insitiu que o camiño, o futuro herculino pasa por recuperar esa unión.

O preparador tamén falou da situación de Yeremay. Dixo que estaba recuperado e en disposición de viaxar a Málaga. Apuntou que o vía "tranquilo e centrado".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade