Publicador de contidos

Publicador de contidos

Moito ollo cos 'simpa': podemos rematar na prisión

Moito ollo cos 'simpa': podemos rematar na prisión

A acumulación de delitos leves pode levarnos a prisión

Os taxistas notan un aumento nos últimos anos

 

G24.gal 07/09/2026 19:53

Os taxistas galegos teñen un novo problema: os clientes que chegan, e marchan sen pagar.

"Temos un incremento sobre todo en horarios nocturnos. Soben ao piso e non baixan ou xente que abre a porta no semáforo e di deica logo", comenta Javier Vázquez, presidente de Radiotaxi Lugo

E moito ollo se son vostedes os que pensan en facer un 'simpa'.

"Transformase nun delito leve de estafa, penado cun mes de multa ata un máximo de tres", conforma o avogado César Lodos

Pode parecer pouco e ademais os taxistas quéixanse de pouca efectividade de denuncia.

"Poñemos denuncia, pero é unha perdida de tempo. Temos que ir a comisaria e despois a xuízo. Se é un simpa de poucos cartos non tes nada que facer. Perdes o tempo e nunca cobras"

Pero o certo é que é moi importante ir denunciar xa que unha multa non é moito... pero a xente que as acumula xa empeza a ter problemas.

"Corre o rumor de que por dous anos de prisión non entras. Non é sempre así, se as acumulas e non pagas pódencho cambiar por unha responsabilidade persoal subsidiaria. Por cada dous dias de multa que non pagas, convertese nun día de prisión". confirma tamén o avogado

Así que xa ven.. .o que pode parecer unha cousa menor de deixar de pagar 10 euros... pode rematar cuns días en prisión

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade