Publicador de contidos

Publicador de contidos

Entra en vigor este xoves un sistema para mellorar a protección dos menores fronte aos contidos audiovisuais

Entra en vigor este xoves un sistema para mellorar a protección dos menores fronte aos contidos audiovisuais

A nova regulación non só afectará á televisión convencional, senón tamén aos servizos baixo demanda e aos creadores de contido con máis audiencia

(TVG)
G24.gal 09/09/2026 16:02

Uns segundos cun son moi característico bastaban para que toda unha xeración soubera que o que viña a continuación non era apto para todos os públicos. Eran os dous rombos. Forma xa parte da memoria da televisión, e a partir deste xoves entra en vigor un novo sistema de clasificación dos contidos audiovisuais para protexer os menores.

Foi a mediados dos anos 80 cando o código de rombos desapareceu das pantallas. Co paso do tempo implementáronse outros sistemas de clasificación dos contidos para protexer os menores como a recomendación de idade.

Unificar os criterios de clasificación por idade e incluír obrigatoriamente os motivos, de xeito claro, é unha das novidades do novo sistema que entre vigor este xoves.

A nova regulación non só afectará á televisión convencional, senón tamén aos servizos baixo demanda e aos creadores de contido con máis audiencia.

O obxectivo, evitar que os menores poidan acceder a un contido prexudicial para o seu desenvolvemento.

O novo sistema incrementa os controis e sancións para garantir o seu cumprimento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade