Cargando resultados...
Evacuado un motorista en helicóptero tras sufrir unha caída en Meaño
O sinistro tivo lugar na parroquia de Xil
G24.gal
31/08/2026 21:17
Un motorista foi evacuado este luns en Meaño (Pontevedra) tras sufrir unha caída, segundo informa o 112 Galicia.
Un particular comunicou a Emerxencias, minutos antes das 20.00 horas, que unha persoa caera da moto no lugar do Pazo, na parroquia de Xil e que o ferido podía estar grave.
O 112 informou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero con base en Santiago para trasladar ao implicado ata o hospital de referencia.