Publicador de contidos

Publicador de contidos

Retiran cun guindastre o camión que levaba porcos accidentado en Nogueira de Ramuín

Retiran cun guindastre o camión que levaba porcos accidentado en Nogueira de Ramuín

Transportaba 180 porcos e varios caeron ao río pero xa foron recuperados

O condutor resultou ileso

G24.gal 31/08/2026 19:01

Axudados dun guindastre de grandes dimensións e tras varias horas de traballo, os servizos de emerxencia conseguían retirar o camión accidentado a primeira hora da mañá deste luns en Nogueira de Ramuín na estrada Nacional 120. 

O vehículo sufriu unha saída da vía, envorcou e quedou parado no medio dun terraplén pero non chegou a caer ao río, de aí a complexidade da retirada. Tamén foron recuperados varios porcos da auga. O camión transportaba 180 cochos e a consecuencia do impacto, parte caeron ao río.

Malia a aparatosidade do accidente, o condutor saiu polo seu propio pé e ileso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade