Cargando resultados...
Unha muller resulta ferida en Santiago ao esnafrarse un coche contra o banco no que estaba sentada
De momento descoñécense as circunstancias que provocaron a saída da vía do vehículo
G24.gal
31/08/2026 21:14
En Santiago, unha muller resultou ferida cando un coche se esnafrou contra un banco en que había varias persoas sentadas.
O accidente ocorreu arredor das oito da tarde deste luns na rúa dos Concheiros.
A vítima foi atendida por unha ambulancia no mesmo lugar.
De momento descoñécense as circunstancias que provocaron a saída da vía do vehículo, así como o alcance das lesións que sufriu a muller.