Evacuada unha nena na illa de Ons por unha urxencia médica
A cativa sufriu unha hipoglucemia severa
Un helicóptero de emerxencias evacuouna ao hospital para ser valorada por un especialista
Parque das Illas Atlánticas
Unha nena de dous anos tivo que ser evacuada de urxencia da illa de Ons, segundo informa o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
A menor presentaba síntomas dunha hipoglucemia severa, o que requiriu unha intervención rápida e coordinada. O persoal e o servizo sanitario do Parque Nacional realizaron a primeira valoración clínica e a estabilización inicial da menor. Ao confirmarse a gravidade do cadro, activouse o protocolo establecido de coordinación co 061, que determinou a necesidade dun traslado aéreo inmediato.
Un helicóptero de emerxencias evacuouna de xeito urxente ao hospital para que puidese recibir atención especializada.