Portátiles, móbiles, lentes ou medicamentos; o que non debemos deixar no coche ao sol
O interior dos coches poden chegar a acadar o dobre de temperatura da que hai no exterior
Os medicamentos, á calor elevada, corren o risco de perder eficacia
As baterías de litio a altas temperaturas dentro dun coche poden avariarse sen remedio
Un coche que estea unha hora ao sol pode chegar a acadar máis de sesenta graos de temperatura. En sesenta minutos, o interior do vehículo pode chegar a dobrar a temperatura ambiente que hai no exterior. Iso fai que sexa recomendable ter coidado co que deixamos dentro dos coches. Deixar dispositivos electrónicos, chisqueiros, medicamentos ou lentes de sol e graduadas, por exemplo, pode acabar sendo un problema.
Irreparable pode chegar a ser o dano causado a un aparello con baterías de litio que deixemos elevada temperatura dentro do coche. Tamén é importante non deixar medicamentos no interior do vehículo ao sol. Dentro do habitáculo, a temperatura pode chegar a ser do dobre da que hai no ambiente.
Moitos medicamentos poden perder a eficacia. Lentes de sol ou graduadas tampouco é recomendable deixalas dentro do coche á calor, á vista. Poden deformarse e deteriorarse. A zona do panel de control, na parte dianteira do coche é a que adoita acadar unha temperatura máis elevada.