O interior de Pontevedra, as Rías Baixas e a montaña de Ourense, en alerta vermella por calor este domingo
O interior de Pontevedra, as Rías Baixas e a montaña de Ourense, en alerta vermella por calor este domingo
Son preto de 70 os municipios afectados polo nivel máis alto
A alerta por calor será de nivel laranxa en Valdeorras, Sur de Lugo e Miño de Ourense
E de nivel amarelo no Suroeste da Coruña e Miño de Pontevedra
EFE /Jose Manuel Vidal
Segundo os datos remitidos por MeteoSalud e Meteogalicia, a Xunta activou a alerta de nivel vermello por calor para este domingo no interior de Pontevedra, Rías Baixas e Montaña de Ourense.
Así, os termómetros alcanzarán máximas de 37 graos na cidade de Ourense, e de 36 en Pontevedra e Vigo, con Santiago de Compostela tamén por encima dos 30 graos.
Os municipios afectados pola alerta vermella son, no interior de Pontevedra: Agolada, O Campo Lameiro, A Caniza, Cerdedo Cotobade, Covelo, Cuntis, Dozón, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, Lalín, A Lama, Moraña, Rodeiro, Silleda, e Vila de Cruces.
Nas Rías Baixas, estarán nesta situación Barro, Baiona, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Cangas, Catoira, Gondomar, O Grove, A Illa de Arousa, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Pontevedra, Portas, Poio, Ponte Caldelas, Pontecesures, Redondela, Ribadumia, Sanxenxo, Soutomaior, Valga, Vigo, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa, e Vilanova de Arousa.
En Ourense: O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Esgos, A Gudiña, Maceda, Manzaneda, A Mezquita, Montederramo, Parada de Sil, A Pobra de Trives, San Xoán de Río, Riós, A Teixeira, A Veiga, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, e Xunqueira de Espadanedo.
Ante esta situación a Xunta recomenda non practicar deporte federado na zona en alerta vermella entre as 13.00 e 17.00 horas, excepto no caso dos deportes náuticos e acuáticos.
A maiores, a alerta por calor será de nivel laranxa en Valdeorras, Sur de Lugo e Miño de Ourense e de nivel amarelo no Suroeste da Coruña e Miño de Pontevedra.
Segundo Meteogalicia, durante a xornada deste domingo e ata o martes, as temperaturas seguirán sendo elevadas, prevendo que o vindeiro mércores comecen a baixar.