17.000 hectáreas calcinadas en Huesca e 33.000 en Huelva no peor incendio da historia de Andalucía
Os veciños das localidades para as que o lume aínda supón unha ameaza tamén fan todo o posible por poñer os seus fogares a salvo das lapas
A chuvia caída sobre a provincia de Huesca nas últimas horas alimenta as esperanzas de conter o avance do incendio
Soaron as campás en Jaca en memoria de Javier García Sancho, membro da Unidade Militar de Emerxencias falecido nos labores de extinción do incendio de Riglos. Todo despois dunha noite en que as chuvias deron por fin un respiro.
O incendio das Peñas de Riglos leva calcinadas xa máis de 17.000 hectáreas. Os veciños das localidades para as que o lume aínda supón unha ameaza tamén fan todo o posible por poñer os seus fogares a salvo das lapas.
Mentres, en Niebla, na provincia de Huelva, un amplo dispositivo de emerxencias continúa traballando na extinción do maior incendio forestal na historia de Andalucía, máis de 33.000 hectáreas queimadas. Desde o domingo pola mañá a situación está, con todo, estabilizada.