Máis de 12.000 afeccionados gozan co triunfo de Meira no Rallyshow das Pontes
Stig Blomqvist, Miki Biasion e Petter Solberg tam´ren fixeron as delicias da afección galega
Alberto Meira gana el Rallyshow das Pontes ante 12.000 afeccionados.
Alberto Meira proclamouse vencedor do Rallyshow das Pontes, a cita central desta festa do motor organizada na localidade por parte da Deputación da Coruña. O piloto de Gondomar superou a Manolo Senra que levou o WRC do seu fillo Víctor. Terceiro foi Jorge Pérez Alonso, aos mandos dun Porsche 911.
A actividade congregou máis de 12.000 afeccionados nas bancadas do circuíto automobilístico das Pontes, onde se disputou a proba.
Durante a xornada da mañá Stig Blomqvist, Miki Biasion e Petter Solberg, tres nomes que forman parte da historia do Mundial de Ralis, fixeron desfrutar a unhas bancadas cheas de afeccionados desde as primeiras horas do día. Xunto con eles estivo Luis Moya, bicampión do mundo de rallys como copiloto de Carlos Sainz, que apadriño esta proba.