Publicador de contidos

Publicador de contidos

Activo desde a madrugada un incendio forestal en Padrenda

Activo desde a madrugada un incendio forestal en Padrenda

Segundo as últimas estimacións provisionais, o lume afecta a unha superficie de ao redor de 20 hectáreas

Imaxe de @LumesGal Imaxe de @LumesGal
G24.gal 23/08/2026 11:53

Un incendio forestal en Padrenda, Ourense, que se iniciou este domingo de madrugada calcinou unhas 20 hetáreas, segundo a Consellería do Medio Rural.

O lume declarouse na parroquia de Padrenda, no municipio ourensán do mesmo nome, ás 06:40 horas.

A orixe do lume podería ser unha tormenta eléctrica.

Segundo as últimas estimacións provisionais, afecta a unha superficie de ao redor de 20 hectáreas. 

Para a súa extinción mobilizáronse 1 técnico, 5 axentes, 11 brigadas, 6 motobombas, 1 pa e 3 helicópteros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade