Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños de Vilagarcía denuncian a existencia dun narcopiso na avenida de Matosinhos

Veciños de Vilagarcía denuncian a existencia dun narcopiso na avenida de Matosinhos

Aseguran que a inseguridade aumentou no barrio

O narcopiso que supostamente ocuparon os antigos residentes na casa dos Duráns está situado no baixo do número 9 da avenida de Matosinhos
G24.gal 28/08/2026 13:24

Desde que un incendio arrasou a narcocasa situada na rúa dos Duráns de Vilagarcía no mes de marzo os veciños aseguran que os ocupas que traficaban con droga alí se instalaron na avenida de Matosinhos. Primeiro, nun edificio, e agora, nun baixo no número 9. Malia que teñen denunciado e a Policía acode constantemente, aseguran que o trasfega segue a diario.

Desde que se instalou aquí este punto de venda de droga, os veciños din sentirse mais inseguros. Hai conflitos e leas entre os residentes do narcopiso, e os que acoden mercar a droga tamén xeran situacións violentas.

Na contorna hai varios centros escolares e un parque. As familias temen especialmente pola seguridade dos seus fillos.

Os veciños trasladáronlle a sua preocupación á Policía Local e ao Concello. Os responsables da Área de Seguridade reuníronse coa Policia Nacional por tratarse dun problema de seguridade cidadá e están traballando conxuntamente na procura de solucións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade