Publicador de contidos

Publicador de contidos

A problemática dos narcopisos, unha das preocupacións máis denunciadas en Santiago

A problemática dos narcopisos, unha das preocupacións máis denunciadas en Santiago

A asociación compostelá Raigame pide as comunidades de propietarios que denuncien

G24.gal 17/05/2026 21:08

Os problemas de convivencia que supón a presenza de vivendas onde se trafica con drogas ou se exerce a prostitución constitúe unha das preocupacións máis denunciadas pola asociación veciñal Raigame en Santiago de Compostela.

Por iso, insisten en dar visibilidade a unha problemática como é a existencia dos chamados "narcopisos" e animan as comunidades de propietarios afectadas a denunciar ben sexa a través da policía, ben sexa a través da propia asociación.

"Esa presión veciñal fai que se sintan incómodos, tanto os narcotraficantes coma os pisos de prostitución. Xa non están ocultos e cando gracias aos medios de comunicación facémolos visibles, esta xente marcha porque lle facemos a vida incómoda", comenta o presidente da asociación veciñal Raigame, Xosé Manuel Durán.

O mes de marzo pasado a Policía Nacional detía catro persoas tras irromper en dúas vivendas do ensanche compostelán nunha operación contra o tráfico de drogas. Dende Raigame denuncian os efectos prexudiciais que a presenza de "narcopisos" ten para a veciñanza e para a contorna.

"A xente que ten nenos pequenos ou a xente maior con algunha doenza son os que máis alarmados e con máis preocupación teñen que convivir con esta xente", aclara o presidente da asociación veciñal compostelá.

Dende a asociación aseguran que solicitaron unha xuntanza coas forzas policiais para dar a coñecer as súas necesidades e tamén animan as comunidades de propietarios a denunciar calquera situación que altere a convivencia veciñal.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade