Publicador de contidos

Publicador de contidos

United Airlines manterá en 2027 a ruta entre Santiago e Nova York

United Airlines manterá en 2027 a ruta entre Santiago e Nova York

O Concello de Santiago foi quen anunciou a continuidade da conexión, que cualificou como "estratéxica" para o sector turístico na cidade

Avións da compañía no aeroporto de Newark, en New Jersey. Europa Press. Avións da compañía no aeroporto de Newark, en New Jersey. Europa Press.
G24.gal 26/08/2026 15:46

O Concello de Santiago de Compostela anunciou este mércores que a compañía United Airlines manterá operativa durante o próximo ano 2027 a ruta aérea entre a capital galega e o aeroporto de Newark (Nova Jersey), a escasa distancia da cidade de Nova York.

Nun comunicado, o Goberno municipal compostelán destaca que esta é unha "moi boa noticia para o aeroporto" galego, dado que permite asegurar a continuidade dunha compañía e dunha ruta "estratéxicas" para o sector turístico na cidade.

Os Estados Unidos, indican desde o Executivo local, constitúen o principal mercado turístico internacional para Santiago de Compostela, xa que de alí proceden cada ano máis de 150.000 pernoitas rexistradas na capital galega.

Do mesmo xeito, desde o Concello vinculan o anuncio cunha aposta pola conectividade internacional que asegurou outras rutas con Ámsterdam e Cork ou o aumento de frecuencias con Franckfort. Isto responde, agregan, a un intento de transformación do modelo turístico centrado na internacionalización da demanda"; dado que, de acordo cos datos que manexan, os visitantes de terceiros países realizan un maior gasto diario.

Nos sete primeiros meses, segundo os datos do INE, o 56 % das estadías turísticas na capital galega foron de viaxantes internacionais, responsables de ata 416.043 pernoitas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade