Publicador de contidos

Publicador de contidos

O sindicato CGT denuncia continuas incidencias na liña férrea entre Vigo e Ponferrada

O sindicato CGT denuncia continuas incidencias na liña férrea entre Vigo e Ponferrada

Esta mesma mañá, os viaxeiros tiveron que facer en autobús o traxecto Vigo-Ourense

O sindicato denuncia a antigüidade dos trens, que sofren continuas avarías

Panel informativo na estación de Vigo-Guixar esta mesma mañá
G24.gal 26/08/2026 14:50

As avarías volven complicar as viaxes en tren polo corredor do Miño. A CGT ferroviaria denuncia que estas incidencias son continuas e atribúeas ao estado dos trens que cobren a liña entre Vigo e Ponferrada. 

Esta mañá, un dia máis, os viaxeiros que tiñan previsto coller o tren  de media distancia que une a estación de Vigo-Guixar con Ponferrada, víronse obrigados a desprazarse en autobús. 

Os que fan a ruta con frecuencia non se sorprenden. saben xa dos imprevistos que se poden presentar.  Dende o mes de xuño a Confederación Xeral do Traballo vén denunciando continuas incidencias debido ao estado e á antiguidade dos trens asignados a esta liña. 

En máis de 50 ocasións houbo que transportar os viaxeiros en taxis ou autobuses para que chegaran ao seu destino. 

A liña entre Vigo e Ponferrada dá tamén servizo a Salvaterra, Ourense, Monforte, Quiroga, A Rúa e O Barco.  Denuncia tamén o sindicato que, mentres se amplían servizos e se incorpora novo material, no Eixo Atlántico entre Vigo e A Coruña, as liñas que comunican o interior de Galicia están condenadas a funcionar con vehículos anticuados que sofren continuas incidencias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade