Publicador de contidos

Publicador de contidos

Últimas procuras de piso dos estudantes antes do inicio do curso

Últimas procuras de piso dos estudantes antes do inicio do curso

Hai estudantes que están a procurar alugueiro fóra de Santiago

Os cambios na lexislación modifican o mercado

No sector lamentan que hai moita máis demanda que oferta

 

G24.gal 26/08/2026 14:46

O Milladoiro afronta unha enorme demanda de vivenda, tamén de rapazada que vai estudar a Santiago pero non atopa piso ao xeito na capital de Galicia.  

Manuel Saavedra, xerente dunha inmobiliaria no Milladoiro, di que "si chaman estudantes", pero que non teñen pisos para ninguén. "Nin para alugar nin para vender". Aventura que os estudantes "terán que ir cara a Negreira ou Boqueixón".

Non é de agora, xa hai anos que o estudantado ten dificultades para residir en Compostela, un mercado que evoluciona entre tensións. 

Jacobo Blanco, tamén do sector inmobilario, explica que "ata hai puco destinouse moita vivenda ao merado turístico, que as regulacións municipais limitaron iso e que a declaración de zona tensionada tamén muda a oferta e que a estas alturas pode atoparse algún inmoble".

Así as cousas, non hai que perder a esperanza, ao mellor os retardados aínda teñen a oportunidade de dar co piso dos seus soños, ou algo que se lle pareza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade