Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha empresa de Lugo prové de tecnoloxía punteira a OTAN

Unha empresa de Lugo prové de tecnoloxía punteira a OTAN

A galega Vig-Sec Drone, a única tecnolóxica europea capaz de xestionar o espazo aéreo para todo tipo de aeronaves

Deseñou un software, o Suite ACRE, que permite o voo simultáneo de drons con aeronaves tripuladas

G24.gal 26/08/2026 15:14 Última actualización 26/08/2026 16:19

Son pequenos, versátiles e funcionais sobre todo para facer labores de vixilancia, en emerxencias e seguridade. Pero tamén poden ser moi perigosos se invaden o espazo aéreo doutras aeronaves. Ter unha ferramenta que permita xestionar todo ese espazo con seguridade é un logro dunha empresa tecnolóxica galega que desenvolveu un software propio.

"O que facemos nós é un software para o control do espazo aéreo principalmente para o uso dos drons e os helicópteros e avións de xeito simultáneo, en que ambientes?, no ambiente de emerxencias e do de defensa principalmente", explica Rubén Gil, CEO de Vig-Sec Drone.

Contan con 29 profesionais e máis de 2.000 clientes, entre eles organismos públicos, axencias de emerxencias e unidades das Forzas Armadas.

"A día de hoxe somos a única empresa a nivel mundial que ten a capacidade de configura o espazo aéreo en tempo real. Nós permitimos que estean voando drons, multitude de drons e se precisamos introducir un helicóptero pois porque vai pasar para recoller a unha persoa nun rescate ou que ten que evacuar medicamente nun accidente de tráfico, nós damos a capacidade de abrir e pechar o espazo aéreo para que ese helicóptero entre sen colidir cos drons. Este uso o que fai é que reduce moitísimo o impacto que poida ter unha emerxencia e acelera moitísimo a capacidade de notificación, prevención, risco etc, somos os únicos que teñen esa capacidade", apunta Rubén.

Desenvolven tecnoloxía innovadora de alto interese dual por iso foi a seleccionada pola OTAN entre 4.000 empresas de todo o mundo.

"Co cal, creo que é unha fachenda poder dicir que é unha empresa ademais que está medrando que como digo traballa dentro dos servizos aeronáuticos e tamén da formación e desenvolvemento de software", indica María Jesús Lorenzana, conselleira de Economía e Industria.

Durante o mes de setembro a OTAN vai realizar en Portugal un exercicio en que participan 43 países e máis de 150 empresas e a teconóxica galega será a encargada de coordinar o espazo aéreo de media e baixa cota de altitude co uso seu sofware.

 "O cal agora a OTAN quere prover o resto de países esta capa tecnolóxica para harmonizar un sistema pois que sexa útil pois para todos os países", conclúe o CEO da empresa tecnolóxica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade