Publicador de contidos

Publicador de contidos

Varios feridos tras incendiarse unha vivenda en Monte Alto, na Coruña

Varios feridos tras incendiarse unha vivenda en Monte Alto, na Coruña

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital e houbo importantes danos no baixo dun edificio de dúas plantas

G24.gal 01/09/2026 09:22 Última actualización 01/09/2026 09:54

Dúas persoas foron trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda no barrio de Monte Alto, na Coruña. Segundo o parte dos bombeiros, o lume iniciouse sobre as 03:30 horas deste martes no baixo dun edificio de dúas plantas na Avenida de Hércules, na intersección con Ramón del Cueto.

Foron varios particulares os que deron a voz de alarma e avisaron ao 112 que no interior da vivenda había varias persoas que pedían axuda e observábase unha gran fumareda. Cando chegaron os bombeiros, o resto de veciños xa desaloxaran as súas vivendas, así que os bombeiros puideron traballar no interior para sufocar as lapas.

Varias persoas feridas foron atendidas polas ambulancias do 061 e dúas delas tiveron que ser trasladadas ao hospital da Coruña. Os danos na vivenda foron importantes, segundo informan os bombeiros.

A central de emerxencias mobilizou aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros, Policía Nacional e Local da Coruña.Sobre as 04.20 horas, os bombeiros confirmaron que o lume estaba apagado e que arderon materiais acumulados na planta baixa da vivenda. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar