Un home falece no incendio da súa casa en Arteixo
A vítima foi localizada durante os labores de desentullo e arrefriamento
O cuarto onde estaba a vítima quedou calcinado
Os Bombeiros de Arteixo localizaron esta mañá o corpo sen vida dun home de 65 anos no interior dunha vivenda incendiada no lugar de Rañobre, na parroquia de Oseiro, en Arteixo.
Pasadas as sete da mañá a Garda Civil alertaba dun incendio nunha casa na que podía haber unha persoa que non respondían ás chamadas telefónicas dos servizos de urxencia. Á chegada dos bombeiros procederon a sufocar as lapas e durante as tarefas de desentullo e arrefriamento atoparon o corpo da vítima nun cuarto debaixo dos cascallos.
O lume empezou no dormitorio por causas que aínda se descoñecen. A investigación esclarecerá como se iniciou o incendio.
Imaxe cedida