Desaloxan os veciños de dúas rúas dun barrio xa confinado polo lume en Barcelona
A liña R4 de Rodalies e a L11 do Metro de Barcelona non paran nas estacións próximas á zona do incendio
Os equipos de emerxencias desaloxaron de forma preventiva os veciños de dúas rúas do barrio de Torre Baró máis próximas á zona do incendio de Collserola, que afecta xa unhas 35 hectáreas e obrigou a confinar este barrio e tamén o de Ciutat Meridiana, en Barcelona.
Ademais, a liña R4 de Rodalies e a L11 do Metro de Barcelona non paran nas estacións próximas á zona do incendio, as de Torre Baró e Ciutat Meridiana.
O incendio comezou cara ás 15:30 horas nunha zona de matogueiras xunto á estrada Alta de les Roquetes, no distrito de Nou Barris de Barcelona e avanza cara a Sant Cugat del Vallès e Cerdanyola del Vallès.
Os Bombeiros de Barcelona e da Generalitat despregaron un amplo dispositivo, con uns corenta medios terrestres e seis medios aéreos, para intentar controlar o lume.
Así mesmo, a Garda Urbana de Barcelona efectuou cortes de tráfico nas estradas de Horta a Cerdanyola, a do Cemiterio de Collserola e a de Alta de les Roquetes.
Trátase do segundo incendio en Collserola este verán.