Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desaconsellado o baño no centro de Samil e na Punta por contaminación microbiolóxica

Desaconsellado o baño no centro de Samil e na Punta por contaminación microbiolóxica

As análises corresponden a mostras recollidas o pasado 23 de agosto e rexistran nos dous casos unha concentración de E. coli superior a 2.005 unidades

Arquivo Arquivo
G24.gal 25/08/2026 18:48

Sanidade detectou contaminación microbiolóxica nas augas do centro da praia de Samil e, unha vez máis, na praia da Punta, ambas en Vigo, segundo os resultados dos controis publicados pola Consellería de Sanidade.

As análises corresponden a mostras recollidas o pasado 23 de agosto e rexistran nos dous casos unha concentración de E. coli superior a 2.005 unidades, mentres que os niveis de enterococos intestinais sitúanse por debaixo de 10.

Sanidade, en consecuencia, desaconsella o baño ata que se resolva esta situación, do mesmo xeito que fixo nun comunicado o Concello, que atribúe os episodios de contaminación ás intensas chuvias dos últimos días.

Os resultados forman parte do programa oficial de vixilancia microbiolóxica das augas de baño de Galicia, que permite realizar un seguimento da calidade da auga nos distintos areais da comunidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade