Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arde por completo un coche en Oleiros

Arde por completo un coche en Oleiros

O condutor puido saír polo seu propio pé en canto se decatou do incendio

Os bombeiros sufocaron as lapas pero o vehículo quedou totalmente calcinado 

Foto cedida polos Bombeiros de Oleiros Foto cedida polos Bombeiros de Oleiros
G24.gal 29/08/2026 09:32 Última actualización 29/08/2026 11:32

O incendio do vehículo produciuse ás dez e media da noite na rúa Os Niños, na zona de Bastiagueiro. O coche, un Peugeot 5008, estaba en circulación cando comezou a arder. O condutor ao se decatar do fume abeirou o vehículo e saíu, pero o lume propagouse con rapidez.

Á chegada dos bombeiros o turismo xa estaba ardendo na súa totalidade polo que só puideron sufocar as lapas que quedaban e arrefriar a zona. 

A Policía Local de Oleiros encargouse de garantir a seguridade da zona mentres se realizaban os traballos de extinción. Non se produciron danos na contorna do vehículo.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade