Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Fundación Brandomil loita polo patrimonio histórico, arqueolóxico e cultural como parte da Costa da Morte

A Fundación Brandomil loita polo patrimonio histórico, arqueolóxico e cultural como parte da Costa da Morte

Tamén cada vez teñen un maior interese turístico, desde a Fundación Brandomil queren dalo máis a coñecer e poñelo en valor

Segundo os rexistros da oficina de turismo, persoas de xa máis de 40 países visitaron a contorna de Brandomil

A ponte, as calzadas romanas e os xacementos teñen un gran potencial cultural e arqueolóxico

G24.gal 30/08/2026 15:19

Brandomil, en Zas, é a Porta Romana da Costa da Morte.

É un patrimonio cultural, histórico, arqueolóxico e agora tamén cada vez máis cun interese turístico. Desde a Fundación Brandomil queren dalo máis a coñecer e poñelo en valor. 

"Á beira desta marabillosa calzada que foi camiño Real durante a Idade Media e sibre unha base romana. Por aquí pasaba todo o tráfico que ía desde o interior de Galica cara a Costa da Morte e viceversa. Esta era a única ponte para cruzar o río Xallas, desde o interior de Galica ata a Costa da Morte", di Xosé Pérez Santos, presidente da Fundación Brandomil.

A ponte atópase sobre o río Xallas. Diversos estudos sinalan unha posible orixe romana que tería sufrido importartes modificacións durante o século XII. A construción actual é do século XVI con reformas recentes.

"Está moi bonito, a ponte, a calzada romana. É unha contorna moi interesante e moi bonita", di un visitante.

As calzadas e os xacementos romanos teñen un gran potencial arqueolóxico, que está por descubir aínda. É un proceso moi lento e moi caro.

"Creo con fundamento que aquí estaría unha especie da Administración do Imperio Romano", engade Xosé Pérez Santos, presidente da Fundación Brandomil.

Toda esta contorna, ademais do valor histórico e patrimonial é un xeito máis de conectar na Costa da Morte a parte costeira e a interior.

"Máis de 40 países distintos, segundo os rexistros que temos na oficina de turismo, visítannos. Esta tradición, esta paisaxe, esta riqueza no patrimonio fan unha fusión perfecta para que a Costa da Morte non sexa só costa senón tamén un interior moi rico e moi ben coidado ademais", asevera Jesús Picallo Santos, presidente de SOLPOR (Asociación Profesional de Empresarios do Camiño de Santiago- Fisterra- Muxía).

 

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade