Publicador de contidos

Publicador de contidos

As obras na N-120 obrigan a cortar a vía en Quiroga e a desviar o tráfico

As obras na N-120 obrigan a cortar a vía en Quiroga e a desviar o tráfico

Os traballos permitirán asegurar os noiros que se desprenderan cos temporais do pasado inverno

G24.gal 06/10/2026 14:45 Última actualización 06/10/2026 14:53

Os temporais do pasado inverno deixaron a N-120 moi deteriorada. As chuvias provocaron o desprendemento de noiros ao seu paso polo concello de Qurioga. Oito meses despois arrincan as obras de reparación que provocarán cortes nesta vía de aquí a decembro.

"O caso e que quede ben. É necesario porque había desprendementos cada pouco", di un veciño.

Nesta primeira fase non se poderá circular en ningún sentido nun treito de tres quilómetros. Están establecidos itinerarios alternativos a traves da estrada LU-993.

"Xa non estabamos afeitos ao tráfico e agora é tremendo. Sobre todo os luns, os mércores e os venres", asegura un veciño.

Durante a segunda fase dos traballos só quedará cortado o carril dereito nese mesmo treito en sentido Ponferrada. Neste caso seguirá operativo o desvío alternativo.

"Hai quen di que é para unha semana, e hai quen dí que ata decembro", afirma unha veciña.

As obras de emerxencia permitirán retirar os restos e asegurar o noiro e evitar novos desprendementos. Ademais instalarase unha pantalla para protexer a estrada.

"O que podiamos ter era unha autovía. Sería o mellor para todo o mundo·", pide un veciño.

A N-120 é unha vía moi transitada polos condutores que se desprazan a diario entre Lugo, Ourense e Ponferrada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade