Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cúmprense 40 anos do derrubamento dunha das construcións máis polémicas: o Scalextric de Vigo

Cúmprense 40 anos do derrubamento dunha das construcións máis polémicas: o Scalextric de Vigo

O viaduto tiña o obxectivo de conectar a Autopista do Atlántico (AP-9) co centro da cidade

A mobilización cidadá impediu a súa inauguración no ano 1980 e ningún vehículo chegou a circular pola estrutura

Scalextric na rúa Lepanto en Vigo
G24.gal 20/11/2026 09:14

O Scalextric é unha das estruturas máis recordadas de Vigo pero, en cambio, a súa construción xerou un forte rexeitamento social. Foi o 18 de novembro do ano 1976 cando comezaron os traballos para construír este viaduto elevado sobre as rúas Lepanto e Gran Vía co fin de conectar a autoestrada AP-9 co centro da cidade.

Este arranque das máquinas permanece aínda na memoria de moitos vigueses e viguesas, os que recordan que, naquel momento, a obra tiña "moitos espectadores".

Porén, o proxecto xerou un gran descontento e rexeitamento por parte da sociedade viguesa debido ao seu impacto visual e acústico, así como pola súa extrema proximidade ás vivendas da zona.

Así, a mobilización cidadá impediu que a súa inauguración no ano 1980 saíra adiante polo que, cando rematou a obra, a estrutura quedou pechada e ningún vehículo chegou a circular por ela, incluso, algún dos veciños chega a asegurar que o viaduto "non tiña saída".

A pesar de que non houbo inauguración, as autoridades sí que acudiron a súa demolición no ano 1986 nun acto oficial no que se atopaban o ministro de Obras Públicas, Javier Sáenz de Cosculluela, e o alcalde de Vigo, Manuel Soto.

Esta demolición non só eliminou unha estrutura polémica, senón que tamén marcou o inicio dun cambio de mobilidade en Vigo, pasando de priorizar o tráfico elevado a soterrar os accesos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade