Publicador de contidos

Publicador de contidos

Restablécese circulacións de trens entre Santiago e Pontevedra tras verse interrompida por unha avaría

ÚLTIMA HORA

Restablécese circulacións de trens entre Santiago e Pontevedra tras verse interrompida por unha avaría

Unha incidencia no sistema de regulación do tráfico afectou aos convois de longa distancia entre Vigo e Pontevedra e Santiago durante algo máis dunha hora

Arquivo (Europa Press) Arquivo (Europa Press)
G24.gal 06/10/2026 11:12 Última actualización 06/10/2026 12:07

Contra as doce do mediodía comezou a retomarse a circulación dos trens de longa distancia entre as estacións de Vigo e Pontevedra con Santiago e viceversa, tras verse interrompida durante máis dunha hora.

Segundo informa o Adif, a avaría produciuse nos sistemas de regulación do tráfico e bloqueou todo o tránsito de convois entre a bifurcación de Angueira e Faxil.

Tras solucionarse a incidencia os convois volveron transitar tratando de recuperar gradualmente a normalidade na circulación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade