Publicador de contidos

Publicador de contidos

Toda unha noite baixo o ceo de Vigo por unha entrada para Chayanne

Toda unha noite baixo o ceo de Vigo por unha entrada para Chayanne

Fans e fillos de fans acamparon en Castrelos para asegurarse un pase para o concerto do 30 de xullo

G24.gal 21/07/2026 20:18 Última actualización 21/07/2026 21:24

Víanse colas dez días antes do concerto.

"É algo que vives", explica unha fan

"Gústanme ata os seus zapatos!", exclama outra

Contan que lles compensa vir moitas horas antes para estar entre os primeiros cando abran o despacho de billetes. 

"Hai que aproveitar que vén aquí, ao parque de Castrelos, e para asegurarse unha entrada hai que facer noite", di Ángel depois de 16 horas

"Estou moi contenta porque logo de tantas horas merezo a entrada, aínda que a xente me diga que non!", celebra Sandra

Agustín, por exemplo, botou a noite no parque para poder mercarlles entradas á súa nai e ás súas amigas. Fans e fillos de fans mesturábanse entra cadeiras de praia e mantas deixando un resultado común: a alegría dos billetes conseguidos logo de toda unha noite baixo o ceo facendo cola.

"E a que queda para cando chegue o día do concerto!"

O portorriqueño Chayanne, o 30 de xullo en Vigo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade