O Deportivo Abanca remata unha exitosa temporada cunha derrota en Tenerife (2-0)
O equipo tinerfeño festexou o histórico cuarto posto que ocuparon logo da vitoria cos goles de Nguessan e Paulina Gramaglia
Rematou a temporada para un Deportivo Abanca que conseguiu a permanencia con moitas semanas de antelación. Perdeu na última xornada por 2-0 no Heliodoro Rodríguez de Tenerife, un equipo que foi a sorpresa do campionato e festexou cos seus seareiros a consecución do cuarto posto final. Anuláronlle dous goles ao cadro canario no primeiro tempo, un por falta anterior e outro porque superara a liña de fondo logo da revisión do FVS. Pero no primeiro minuto da reanudación Nguessan marcou o primeiro. Noutra xogada que houbo que revisar pola pequena pantalla o Tenerife sentenciou cun penalti transformado por Paulina Gramaglia.