Cargando resultados...
O Liceo foi o único dos favoritos que resolveu os cuartos pola vía rápida
Gañou por 2-4 na pista do Lleida cun dobrete de Dava Torres e xa está nas semifinais
G24.gal
24/05/2026 10:47
O Liceo foi o único equipo que sacou o billete para as semifinais da OK Liga despois de gañarlle os dous primeiros partidos ao Lleida. No segundo partido derrotou o equipo ilerdense por 2-4. O resto das eliminatorias (Noia-Barcelona, Igualada-Voltregá e Reus-Calafell) irán ao derradeiro partido.
Dava Torres marcou o único gol da primeira metade. No segundo tempo abriuse o encontro e en dous minutos marcáronse tres goles. Carballeira e Nil Cervera para os liceístas e Moncusí para o Lleida (1-3). A dez minutos para o final Sergi Duch volveu a poñer a eliminatoria no arame (2-3) pero o tanto final de Dava Torres acabou por resolver.