Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comezan as semifinais da OK Liga, cun Liceo que aspira a lograr outro título

Comezan as semifinais da OK Liga, cun Liceo que aspira a lograr outro título

Os de Juan Copa xogarán ante o Calafell e coa vantaxe de campo

Poderán verse os partidos do venres e do domingo pola G2 e AGalega.gal

Foto Liceo
G24.gal 28/05/2026 13:25 Última actualización 28/05/2026 13:33

O Liceo chega máis descansado que o Calafell tras resolver a súa eliminatoria fronte ao Pons Lleida pola vía rápida, en dous encontros. O equipo galego aspira a regresar á final por segundo ano consecutivo e a se achegaren a un título que se lle resiste desde 2022.

A semifinal arrincará este venres en terras galegas (20:30 horas na G2) nun formato ao mellor de cinco partidos. Os dous primeiros encontros disputaranse na pista do Liceo, mellor clasificado na fase regular -na que terminou primeiro-, os dous seguintes en Calafell, e un hipotético quinto partido volvería á Coruña. Os de Juan Copa buscan a excelencia.

"Estamos a competir por todos os títulos. Temos esa ilusión".

O Calafell buscará alcanzar a primeira final ligueira da súa palmarés e saldar contas pendentes ante un Liceo que o apartou do título copeiro (1-4) na final celebrada en Sant Sadurní d'Anoia (Barcelona).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade