O Dépor Abanca despídese de Riazor cun empate ante o Español (2-2)
O adestrador, Fran Alonso, dirixiu o seu último partido na casa como técnico do equipo herculino
Un gol de Monteagudo a cinco minutos do final evitou a vitoria visitante
@RCDeportivoFem
O Dépor Abanca empatou a dous goles ante o Español no último partido que disputarán esta temporada no estadio de Riazor, do que tamén se despediu o técnico Fran Alonso, que non continuará a próxima temporada no club herculino.
No partido non había nada en xogo, xa que os dous equipos están salvados e sen ambicións clasificatorias maiores que rematar con boas sensacións a temporada. Na prolongación da primeira metade Ona adiantaba o cadro catalán pero antes do descanso Paula Gutiérrez empataría para as deportivistas.
Na segunda metade outra vez tocaría ir contra a corrente, xa que Naima volvía adiantar as barcelonesas, e sería preto do final cando empataría o Dépor cun gol de Paula Monteagudo.
O equipo deportivista rematará a temporada este domingo cando visite o Tenerife, cuarto clasificado, coa intención de defender o undécimo posto da clasificación.