Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo negocia o regreso de Tere Abelleira

O Deportivo negocia o regreso de Tere Abelleira

O club herculino traballa para incorporar a internacional española que rematou contrato co Real Madrid o pasado 30 de xuño

A pontevedresa non xoga desde que se mancara de gravidade o pasado febreiro de 2025 pero ca tebn a alta médica e está en condicións de xogar

@rfef @rfef
G24.gal 23/07/2026 20:13

Negociación aberta entre o Deportivo da Coruña e Teresa Abelleira para o retorna da pontevedresa o club herculino. A medio centro rematou contrato co Real Madrid o pasado 30 de xuño e non foi renovada polo conxunto branco tal e como ela pretendía e explicaba no seu comunicado de despedida:

"Sinto estar tan ausente, foron meses realmente duros, xa que este ano me tocou vivir a cara mala do fútbol en diferentes sentidos. Tras varios malentendidos, chegamos a esta despedida o cal non era o que pretendía. Pero a vida ás veces ensínache outros camiños e hai que escoitala."

Tivo ofertas de Atlético de Madrid, Brighton e interese de varios clubs do fútbol italiano Leva sen xogar desde febreiro do 2025 pola grave lesión de xeonllo que sufrira na véspera dun partido da selección española en Wembley. No tramo final da temporada pasada xa adestrou con normalidade aínda que non tivo minutos en competición oficial. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade