Publicador de contidos

Publicador de contidos

Uxía Folgueira, o futuro do karate galego e español

Uxía Folgueira, o futuro do karate galego e español

A lucense acaba de gañar a proba da Youth League de Porec

Aos 14 anos, xa é subcampioa de Europa e múltiple campioa nacional

Agora prepárase para o Mundial de Polonia, que se disputa en outubro deste ano

G24.gal 23/07/2026 11:34 Última actualización 23/07/2026 13:26

Uxía Folgueira é unha das grandes promesas do karate español. Con 14 anos, xa acumula grandes logros, como vitorias nos campionatos de España, un subcampionato europeo ou 2 vitorias en probas da Youth League, sendo a máis recente a acadada en Porec neste mes de xullo. A súa especialidade é a Kata, modalidade na que simula unha pelexa cun rival imaxinario, pero tamén fai Kumite, que é un combate entre dous oponentes.

A lucense adestra na súa terra, aínda que tamén se especializa en Santiago e fai concentracións en Madrid. O obxectivo que ten ela e marchar á capital de España para poder mellorar a súa preparación e para entrar no Centro de Alto Rendemento. Uxía Folgueira recibiu o distintivo de Deportista de Alto Nivel por parte do CSD.

Tamén ten o ollo posto a un posible retorno do deporte aos Xogos Olímpicos. En Tokio 2020, o karate foi disciplina olímpica e houbo competición de Kata. Podería volver en Brisbane 2032, aínda que non é seguro. 

Uxía Folgueira enfócase agora no Mundial 2026 de Bielsko-Biala, en Polonia. Dispútase en outubro, entre os días 14 e 18, e de momento a lucense estará na rolda por equipos. Buscará acadar a súa praza para o certame individual na preselección.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade