Publicador de contidos

Publicador de contidos

A selección de baloncesto, preparada para xogar no Sar contra Grecia (18:00h)

A selección de baloncesto, preparada para xogar no Sar contra Grecia (18:00h)

Unha vitoria despexaría o camiño dos de Chus Mateo cara ao Mundial 2027

G24.gal 29/11/2026 10:17

E a selección española xa está preparada para o partido desta tarde (18:00h) no Sar ante Grecia. En xogo está a clasificación para o Mundial de Qatar 2027.

Logo do triunfo en Montenegro, o combinado de Chus Mateo está máis preto do obxectivo. Unha vitoria sería case decisiva antes de afrontar os últimos dous encontros desta fase de clasificación.

O partido en Santiago será especial para o galego Alberto Abalde, quen se incorpora a este choque, xunto a Pradilla e Santi Yusta, ex do Obradoiro, tras os compromisos de Euroliga. Abalde mostrouse ilusionado ante a disputa deste partido en Galicia: "Un partido moi especial, sempre que veño ao Sar co Madrid ou nesta ocasión especial coa selección. Son partidos moi bonitos, coa familia e os amigos na bancada, e a afección de Santiago, que é incrible, vainos axudar e estamos moi motivados", explicou.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade