Cargando resultados...
A selección de baloncesto xoga mañá no Sar contra Grecia
O partido é clasificatoria para o mundial de Catar 2027
G24.gal
28/11/2026 11:14
A selección española xoga este domingo en Sar. Partido clasificatorio para o Mundial de Catar 2027.
evento que está un pouco máis cerca tras gañarlle onte a Montenegro en Podgorica. O equipo de Chus Mateo chegou onte na mañá do venres a Santiago e pola tarde xa se adestrou no Multiusos.
Primeira toma de contacto coa pista antes da cita ante os gregos. Será a cuarta ocasión en que a selección dispute un partido en Santiago, pero a primeira en competición oficial. A última visita tivo lugar en 2013.