Declarado de alto risco o Celta-Deportivo de Balaídos
O encontro xogarase en Vigo entre os días 1 e 4 de xaneiro de 2027
A Comisión Antiviolencia acordou este venres declarar de alto risco o partido de Liga EA Sports que enfrontará ao Celta de Vigo e ao Deportivo da Coruña que se disputará entre os días 1 e 4 de xaneiro de 2027.
"A Comisión Permanente da Comisión Estatal contra a violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no deporte acordou declarar como de alto risco o partido RC Celta de Vigo - RC Deportivo da Coruña", resume o comunicado do Consello Superior de Deportes (CSD).
A declaración de alto risco supón un reforzo do dispositivo, así como medidas adicionais que deben adoptar os clubs, entre las que se atopan a prohibición da venda de entradas presenciais o día do encontro, a delimitación dun espazo seguro para a afección visitante e o control reforzado dos accesos ao estadio