Cargando resultados...
España disputa hoxe a gran final da Copa Davis contra Italia
Os de David Ferrer, comandados por Alcaraz e Jódar, buscan a súa sétima ensaladeira
Nas semifinais desfixéronse de Gran Bretaña
Foto: EFE
G24.gal
29/11/2026 10:55
O equipo español de tenis xa está na gran final da Copa Davis. Rafa Jódar e Carlos Alcaraz gañaron os seus partidos ante Gran Bretaña a agora agarda Italia na loita polo título.
Logo do triunfo de Jódar fronte a Cameron Norrie en dous sets, Alcaraz rematou a faena cunha cómoda vitoria no seu encontro ante Arthur Fery. O resultado, 6-2 e 6-1, fala da superioridade do murciano. O gran rendemento dos dous tenistas españois e a presenza de Marcel Granollers nos dobres é toda unha garantía para a gran final ante Italia. España busca unha Copa Davis que non gaña desde o ano 2019.