Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pontón chama a unha gran mobilización nas urnas para para que Galicia teña "voz"

Pontón chama a unha gran mobilización nas urnas para para que Galicia teña "voz"

A portavoz nacional dos nacionalistas animou a participar "con ilusión e decisión"

O candidato do BNG ao Congreso pola Coruña instou á sociedade galega a ter a palabra para elixir os seus representantes

G24.gal 29/11/2026 09:59

A portavoz nacional do BNG votou ás 10:30 no Centro Galego de Arte Contemporánea en Santiago. Unha hora antes, Ana Pontón acompañara o número 1 da lista pola Coruña Néstor Rego mentres exercía o seu dereito ao voto. Desde alí, a líder dos nacionalistas animou os galegos a votar con ilusión e decisión.

"Que os galegos votemos pensando en que é o mellor para o noso futuro e como construír aquí máis prosperidade", subliñou Pontón que considerou que esta xornada é unha oportunidade para que a súa voz se escoite e poidan decidir o futuro de Galicia.

O candidato do BNG ao Congreso pola Coruña, Néstor Rego, tamén apelou o a unha participación masiva para que a cidadanía decida "que queremos ser como país", ao tempo que exerceu o seu dereito ao voto no Centro Sociocultural de Figueiras, en Santiago.

"Teño a certeza de que hai moito en xogo. Hoxe estamos dedidindo que queremos ser como país e como pobo. Por iso os galegos teñen que falar." , aseguraba Néstor Rego tras depositar o seu voto. 

Ademais de pola portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, Rego, tamén estivo arroupado pola alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; e a concelleira de Capital Cultural, Educación e Memoria Histórica de Santiago, Míriam Louzao.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade