Publicador de contidos

Publicador de contidos

Que votamos nestas eleccións?

Que votamos nestas eleccións?

Galicia elixe 23 deputados: 8 na Coruña, 7 en Pontevedra e 4 tanto en Lugo como en Ourense

G24.gal 28/11/2026 22:00

Preto de 39 millóns de electores están chamados ás urnas nestas eleccións, case 3 millóns desde o estranxeiro. 1,6 millóns de mozos votarán por primeira vez. 

As Cortes Xerais, formadas polo Congreso e o Senado, elíxense para os vindeiros catro anos. Este domingo elixiremos os 350 deputados do Congreso. Cada provincia designa un mínimo inicial de dous deputados. O resto distribúense en proporción á poboación. Galicia elixe 23 deputados: 8 na Coruña, 7 en Pontevedra e 4 tanto en Lugo como Ourense.

O número de senadores non é fixo. Cada provincia peninsular elixe catro. Ademais, as asembleas lexislativas das comunidades autónomas designan un senador e outro máis por cada millón de habitantes do seu territorio. As papeletas nas eleccións ao Congreso son de cor branca; as do Senado, de cor sepia. As listas electorais deben ter unha presenza equilibrada entre mulleres e homes.

As cámaras resultantes reuniranse, en sesións constitutivas, o día 23 de decembro. As Cortes ostentan o poder lexislativo.

De cara á formación de Goberno, a maioría absoluta sitúase nos 176 escanos no Congreso, a metade máis un dos deputados. Esa cifra pódese acadar en solitario ou artellando pactos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos