Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os colexios electorais xa están preparados para a xornada de votacións

Os colexios electorais xa están preparados para a xornada de votacións

Os galegos poderán votar nas máis de 3900 meses distribuídas en 2307 colexios

G24.gal 28/11/2026 14:30

Galicia contará cunhas 3.900 mesas distribuídas en algo máis de dousmil trescentos locais electorais, espazos que habitualmente teñen outros usos e que hoxe se preparan para recibir os electores ao longo de toda a xornada de votacións.

En menos de corenta e cinco minutos, o polideportivo escolar das Mercedarias de Ferrol convértese nun colexio electoral perfectamente disposto. Un equipo de traballadores municipais obra a transformación. A directora, Sonia González do centro madrugou para abrirlles as portas e facilitarlles o traballo.

"Simplemente estar pendente de abrir á hora e estar ao que poidan necesitar en cada momento, primeiro os funcionarios do Concello que veñen traballar e logo a xente que vén aquí ao longo da xornada para votar", explica.

As seis mesas electorais xa teñen o seu espazo asignado. Tamén están montadas as cabinas que garantirán a intimidade dos votantes. Mañá, antes da apertura, colocaranse as papeletas, que polo momento permanecen gardadas en caixas de cartón. As urnas, xa precintadas, agardan polos primeiros votos.

"E logo esperar a que termine para pechar porque o que non queremos é impedir a vida normal do colexio o luns. Isto queda todo listo o domingo", confirma a directora.

Rematada a votación e feito o reconto, tocará desmontar o dispositivo electoral e devolverlle ao pavillón o seu aspecto habitual. O luns, cando os nenos volvan ás aulas, non quedará aquí nin rastro da xornada electoral.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade