O Celta Fortuna busca modificacións en Oviedo no partido que pecha a xornada
Fredi amósase satisfeito co traballo dos seus, pero é consciente de que non abonda para que cheguen as vitorias
O Celta Fortuna pechará esta xornada ligueira da Segunda División o luns no Carlos Tartiere ante un Oviedo que ven de perder os seus dous últimos partidos con Raúl González no banco. Claro que os de Fredi non gañaron ningún dos seus seis últimos encontros.
O filial celeste ten só un punto de marxe cos postos de descenso, así que será un partido de necesidades para un equipo que anda sempre a voltas cos futbolistas cos que pode contar. Así, Ángel Arcos e Antañón non xogarán co Fortuna cando menos ata despois da eliminatoria copeira do primeiro equipo. Tampouco estará Bajcetic, pero sí Hugo Cuenca.
Fredi Álvarez entende que están traballando ben, pero que non lles chega para gañar. O técnico busca solucións: "Están a pasar cousas dolorosas para o equipos, pero no día a día traballamos ben. Estamos contentos, pero co que estamos a facer non abonda para gañar. Así que teremos que facer algunha modificación, táctica ou de xogadores", indicou Fredi na previa.