O Celta Femxa Zorka visita un rival directo en Leganés (16:45h G2 e AGalega.gal)
As viguesas buscan un triunfo que lles permita alcanzar ás madrileñas
Os tres equipos da liga feminina de baloncesto disputan hoxe os seus partidos. Un deles, o Celta Femxa Zorka poderano ver esta tarde na G2.
Será nun encontro de especial transcendencia, na pista do Leganés. Así o indica a clasificación, con dúas vitorias para o equipo madrileño e só unha para as viguesas.
No Celta, estrearase a útima ficchaxe, a pivote dinamarquesa Laura Erikstrup. A incógnita será a presenza ou non da estrala do Leganés, Aminata Sangaré, que podería reaparacer hoxe logo dunha lesión.
Para Cristina Cantero, o Leganés "é un equipo que comezou forte, ven de facer moi bo ano. Xogou SUpercopa, moi ben, e a partir de aí tiveron dúbidas con lesións importantes", indicaba na previa.